texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

domingo, 31 de maio de 2015

MENCIÓN EXTRAORDINARIA NA IX EDICIÓN DO CONCURSO ¨ES DE LIBRO"

Acabamos de saber que o noso esforzo foi recoñecido polo xurado outorgándonos unha mención de honra neste prestixioso concurso nacional.
Podedes ver os traballos gañadores e finalistas no tablero Pinterest de Es de libro. 

martes, 21 de abril de 2015

CONTACONTOS MATEMÁTICOS (ContaMates) PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Por fin chegou o día!
 Tras realizar o atrezo con todo o noso agarimo e os concienciudos ensaios, presentámonos ante un público moi especial, nenas e nenos de tres a cinco anos dos nosos coles adscritos.

Velaquí as fotos das actuacións no CEIP Chans Bembrive.


Chivos chivóns


O Grúfalo
Tres osos

O rabaño


E no CEIP Santa Mariña
A casa da mosca chosca



CEIP Carballal-Cabral






A casa de mosca chosca


 
O rabaño



Tres osos

CEIP Igrexa-Candeán

Unha casa a medida

 
Elefante comellón

Imos cazar un oso
As profesoras implicadas no proxecto,Beatriz e máis eu, queremos salientar e agradecer a marabillosa acollida nos coles, en especial ao CEIP Carballal- Cabral e Igrexa Candeán por facer sentir ao noso (seu) alumnado grande polo seu esforzo, traballo e dedicación ao longo de dous trimestres.








xoves, 16 de abril de 2015

7 de abril. Día internacional da saúde

Pero axudan as matemáticas á medicina? Pois parece que moito máis do que pensamos.
  • O teorema de Pitágoras é moi eficaz axudando a identificar o momento a partir do cal a saúde dun paciente empeza a mellorar, á hora de realizar análises máis ou menos automatizadas de valores de parámetros de saúde.
  • Os modelos matemáticos axudan a predicir a resposta inmunitaria celular fronte aos tumores, como este de pulmón.

 (Foto: Ed Uthman).

  • Velaquí unha recreación artística de virus, á dereita, atacando células cancerosas, á esquerda, coa axuda das matemáticas.

 (Imaxe: Amazings / NCYT / JMC)  


  • As matemáticas predín como diferentes tratamentos e modificacións xenéticas poderían permitir aos virus oncolíticos (virus capaces de matar selectivamente células cancerosas) superar as defensas naturais que as células cancerosas utilizan para protexerse das infeccións virais.

Claudia Álvarez Costas.

martes, 24 de marzo de 2015

Haikus para o día da poesía



Velaquí a morea de haikus de primeiro ciclo da ESO presentados ao noso concurso.




Haiku gañador de temática xeral de Sonia de 1ºA


Haiku gañador de temática matemática, de Lara de 1º A


Elena Álvarez González


venres, 20 de marzo de 2015

A fórmula da felicidade

O Día da Felicidade celébrase este venres, 20 de marzo, en todo o mundo como “meta fundamental” para que se recoñeza “a paridade dos tres piares" do desenvolvemento sostible –o social, o económico e o medioambiental–, factores que definen “a felicidade global” segundo o secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon.



Para a felicidade temos definición e, como non, fórmula. Esta ecuación baséase nas recompensas e previsións que se fan con antelación e apunta que as propias expectativas infúen na felicidade, que é maior cando os resultados son mellores do esperado.




Ruth Carrera Fernández




sábado, 14 de marzo de 2015

Estalmat Galicia


Gústanche as matemáticas ou a ciencia?

O proxecto estalmat Galicia está pensado para ti.

Trátase de detectar nenos e nenas con capacidades para as matemáticas (que se corresponden normalmente con capacidades científicas en xeral) e estimulalos -adestralos, poderiamos dicir- para que vaian aprendendo os métodos, técnicas e estratexias matemáticas (e científicas en xeral).


Podes consultar toda a información de como e onde participar na páxina web.

Xeometría con pompas de xabón

Na xornada de clausura da XI IMATXINA gozamos dunha fantástica experiencia, galardonada co premio europeo na convención Science on Stage no ano 2002, levada a cabo polo profesor Antón Aubanel.



Parece incrible que facer pompas de xabón poida resolver problemas de Física que levou tanto tempo dar resposta ás Matemáticas e que aínda hoxe en día non son definitivas.
As pompas falan de tensión superficial, de superficies mínimas e de minimizar percorridos.


Claudia Álvarez Costas