texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

Escultura matemática

En primeiro lugar temos que definir o termo "Escultura Matemática". Pertencen a esta tipoloxía todos aqueles traballos escultóricos nos que na súa concepción, deseño, desenvolvemento ou execución resulta necesaria a utilización das Matemáticas. Estas características poden variar dende as relacionadas coa xeometría máis sinxela, ata a xeometría non euclidiana ou a topoloxía máis complexa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario