As estruturas
1.-Que
son as estruturas?
Unha estrutura é un conxunto de
elementos unidos entre si, coa función de soportar forzas sen apenas deformarse
ou romperse
2.-Características
das estruturas
Ha de ser ríxida: é dicir que non se deforme ou
que se deforme dentro duns límites. Para conseguilo, “triangúlase” a figura.
Debe de ser estable: é dicir que non envorque cando
estea sometida a forzas externas. Pódese conseguir facendo más ancha a base, ou
centrando e achegando ó chan o punto de gravidade.
Ten que ser resistente: é dicir que cada elemento da
estrutura sexa capaz de soportar o esforzo ó que se vai ver sometido. O tamaño e a forma de cada
elemento é o que fará que soporten os esforzos.
Ha de ser o máis lixeira posible, así aforraremos en material, terá menos cargas fixas e será máis barata.
Hai elementos que só cambiando a súa forma son máis lixeiros e aguantan incluso
máis peso.
3.-Aplicacións
das estruturas
As estruturas
están presentes en todo o que nos rodea, de aí as súas múltiples aplicacións, aínda
así as estruturas en sí úsanse para isto:
· Soportar peso:
englóbanse neste apartado aquelas estruturas cuxo fin principal é o de soster
calquera outro elemento; son os piares, os trades, os andeis, as torres, as
patas dunha mesa, etc.
· Salvar
distancias: a súa principal función é a de esquivar un obxecto, permitir o paso
por unha zona perigosa ou difícil; son as pontes, os guindastres, os
teleféricos…
· Protexer obxectos:
cando son almacenados ou transportados, como as caixas de embalaxes, os cartóns
de ovos, os cascos…
· Dar rixidez a
un elemento: o que se pretende é reforzar o propio elemento e non o que o
envolve, por exemplo, nas portas non macizas no enreixado interior, os cartóns,
etc.
4.-As estruturas
máis usadas na actualidade
As estruturas
metálicas son aquelas que están feitas maiormente de metal; normalmente aceiro.
As estruturas metálicas utilízanse por norma xeral no sector industrial porque
teñen excelentes características para a construción, son moi funcionais e o seu
custo de produción adoita ser máis barato que o de outro tipo de estruturas.
Normalmente calquera proxecto de enxeñería e arquitectura usa estruturas
metálicas.
Estrutura metálica principal: a estrutura
metálica principal componse de todos aqueles
elementos que estabilizan e transfiren as cargas ós alicerces (que adoitan ser
de formigón reforzado). A estrutura
metálica principal é a que asegura que
non envorque, que sexa resistente e que non se deforme.
Estrutura metálica secundaria: esta estrutura
correspón fundamentalmente á fachada e á cuberta, o que chamamos tamén subestrutura
e se coloca sobre a estrutura metálica principal, esta pode ser metálica ou de formigón.
As forzas ou cargas que soportan vanse repartindo polos diferentes elementos da
estrutura, pero as cargas sempre van ir
para o mesmo sitio, ós alicerces ou zapatas.
5.-Arquitectos españois famosos.
1. Gaudí: foi un máximo representante do modernismo
catalán. A súa obra más internacional é a “Sagrada Familia”, unha catedral de
estilo neogótico.
2. Joaquín Torres: nacido en
España, un dos seus proxectos é o edificio Universitario de Servicios de Investigación da Universidade de A Coruña.
3.
Carlo
Arroyo Zapatero: é un arquitecto e urbanista que estudou en Madrid.
Unha das súas obras máis representativas é a academia MDW, en Dilbeek, (Bélgica).
4.Carme Pinós: un
dos seus proxectos actuais máis destacados é a torre “Cube”.
5.Susana Torre: naceu en 1944 na cidade de Puan, Arxentina. Foi directora do proxecto da
exposición "Mujeres en la Arquitectura", inaugurada en 1977 no Museo
de Brooklyn, e que máis tarde se estendeu a varias cidades de Estados Unidos. A
través da súa práctica docente, a escritura e a arquitectura, traballou e traballa
para mellorar a situación da muller na arquitectura.
6.-Estruturas importantes.
· A torre Eiffel: é a estrutura
máis alta de París e a máis representativa de Francia.
.
· O Taj Mahal: é un conxunto
de edificios situado en Nova Delhi, é unha estrutura masiva.
· As pirámides de Giza: están en
Exipto, feitas polos antigos exipcios; son estruturas masivas.
· A ópera de Sidney: é unha estrutura
bastante recente comparada coas anteriores,
poderíase dicir que é unha estrutura alintelada.
· O coliseo: é un anfiteatro da época do Imperio Romano, construído no
século I e situado no centro da cidade de Roma.
Elena Álvarez
Ningún comentario:
Publicar un comentario