texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

Haikus

CONCURSO DE HAIKUS (para conmemorar o día da poesía).

Nas refinadas cortes dos poderosos daimios (aló polo ano 1500 a. C. en Xapón) e do Emperador, facíanse competicións de tankas, cun xurado que daba premios. Enfrontábanse dous poetas, un improvisaba os tres primeiros versos do tanka, os haiku (5, 7 e 5 sílabas) e o segundo improvisador tiña que pechar a composición con dous versos de 7 sílabas.
Así xurdiron algúns dos haikus de máis sona da literatura de Xapón:
O vello estanque!
Unha ra salta dende o bordo;
ruído na auga. (Matsuo Basho)

Esta breve introdución ao Haiku e os exemplos lévanos a comprender que son tres versos sen rima, humildes, breves, sinxelos (pero non simplistas), cheos de filosofía vivida e unidos a un debuxo escueto que o colorea con acuarela, tintas, témperas ou pastel…
E o tema… calquera que vos inspire. Pero o xurado, aínda que o haiku é matemático de seu, valorará que a temática tamén sexa matemática. Velaquí un exemplo:
Mide las vigas
de mi casa un gusano
pulgada viva (Dulce María Loynaz )
Xeometría, arquitectura e zooloxía involucradas nun poema...

Os traballos con nome, curso e grupo polo reverso entregaranse a Almudena na clase de plástica.
Tedes de prazo ata o mércores 17 de marzo e haberá dous premios ( un para 1º, 2º e 3º da ESO e outro para 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato) que entregaremos nun acto de conmemoración do día da poesía. Animádevos!!!        

Ningún comentario:

Publicar un comentario