texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

El indomable Will Hunting (Peli da maleta viaxeira)



Resumo: Will Hunting (Matt Damon) é un mozo-prodixio autodidacta que traballa nos servizos de limpeza dun Instituto e que resolve espontaneamente un problema de Teoría de Grafos proposto por un profesor aos seus estudantes como reto, nun taboleiro dun corredor da facultade. O profesor, premiado coa Medalla Fields de matemáticas, descubrirá as súas portentosas facultades e intentará que reconduza a súa vida. Despois de pagar unha fianza para que saia do cárcere, onde se encontra como consecuencia dun alboroto provocado en compañía dos seus inseparables amigos, o profesor consegue que acepte o tratamento dun psicólogo (Robin Williams) co que entaboará unha profunda relación. Ao mesmo tempo namorarase dunha moza (Minnie Driver) e a relación cos seus amigos, especialmente cun deles, sufrirá unha lixeira transformación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario