texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

Amosando publicacións coa etiqueta CINE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CINE. Amosar todas as publicacións

xoves, 1 de xaneiro de 2015

Unha enigmática vida.

O primero, os mellores desexos para os 365 días, 6 horas, 9 minutos e 9,76 segundos que de media dura un ano solar.
Hoxe, primeiro día deste 2015 estréase unha película matemática.




Na superficie, esta é a historia de como a intelixencia británica descifrou a máquina "Enigma" que encriptaba as mensaxes nazis durante a Segunda Guerra Mundial, a través de Alan Turing, o matemático que o fixo posible creando outra máquina - ou 
Christopher- moitísimo superior que computaba todos os resultados posibles da primeira. De feito sentaría as bases da computación moderna.
Pero realmente a película móvese pola vida en clave deste obsesivo matemático coa pesada carga de sentirse diferente pola súa brillantez intelectual, unha marcada fobia social e a homosexualidade cunha marabillosa interpretación de Benedict Cumberbatch.

Elena. 2ºB

martes, 21 de outubro de 2014

Hoxe toca peli



O luns 20 de outubro visualizamos esta interesante película na que catro matemáticos teoricamente descoñecidos entre si son invitados por un misterioso anfitrión co pretexto de resolver un grande enigma. A sala na que se encontran vai minguando e vainos aplastar se non descobren que é o que os une e por que alguén quere asasinalos.

Claudia.