texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

xoves, 1 de xaneiro de 2015

Unha enigmática vida.

O primero, os mellores desexos para os 365 días, 6 horas, 9 minutos e 9,76 segundos que de media dura un ano solar.
Hoxe, primeiro día deste 2015 estréase unha película matemática.




Na superficie, esta é a historia de como a intelixencia británica descifrou a máquina "Enigma" que encriptaba as mensaxes nazis durante a Segunda Guerra Mundial, a través de Alan Turing, o matemático que o fixo posible creando outra máquina - ou 
Christopher- moitísimo superior que computaba todos os resultados posibles da primeira. De feito sentaría as bases da computación moderna.
Pero realmente a película móvese pola vida en clave deste obsesivo matemático coa pesada carga de sentirse diferente pola súa brillantez intelectual, unha marcada fobia social e a homosexualidade cunha marabillosa interpretación de Benedict Cumberbatch.

Elena. 2ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario