texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

As estruturas

As estruturas


1.-Que son as estruturas?

Unha estrutura é un conxunto de elementos unidos entre si, coa función de soportar forzas sen apenas deformarse ou romperse

2.-Características das estruturas

Ha de ser ríxida: é dicir que non se deforme ou que se deforme dentro duns límites. Para conseguilo, “triangúlase” a figura.

Debe de ser estable: é dicir que non envorque cando estea sometida a forzas externas. Pódese conseguir facendo más ancha a base, ou centrando e achegando ó chan o punto de gravidade.

Ten que ser resistente: é dicir que cada elemento da estrutura sexa capaz de soportar o esforzo ó que se vai  ver sometido. O tamaño e a forma de cada elemento é o que fará que soporten os esforzos.

Ha de ser o máis lixeira posible, así aforraremos en material, terá menos cargas fixas e será máis barata. Hai elementos que só cambiando a súa forma son máis lixeiros e aguantan incluso máis peso.


3.-Aplicacións das estruturas

As estruturas están presentes en todo o que nos rodea, de aí as súas múltiples aplicacións, aínda así as estruturas en sí úsanse para isto:

·      Soportar peso: englóbanse neste apartado aquelas estruturas cuxo fin principal é o de soster calquera outro elemento; son os piares, os trades, os andeis, as torres, as patas dunha mesa, etc.
·      Salvar distancias: a súa principal función é a de esquivar un obxecto, permitir o paso por unha zona perigosa ou difícil; son as pontes, os guindastres, os teleféricos…
·      Protexer obxectos: cando son almacenados ou transportados, como as caixas de embalaxes, os cartóns de ovos, os cascos…
·      Dar rixidez a un elemento: o que se pretende é reforzar o propio elemento e non o que o envolve, por exemplo, nas portas non macizas no enreixado interior, os cartóns, etc.

4.-As estruturas máis usadas na actualidade

As estruturas metálicas son aquelas que están feitas maiormente de metal; normalmente aceiro. As estruturas metálicas utilízanse por norma xeral no sector industrial porque teñen excelentes características para a construción, son moi funcionais e o seu custo de produción adoita ser máis barato que o de outro tipo de estruturas. Normalmente calquera proxecto de enxeñería e arquitectura usa estruturas metálicas.

Estrutura metálica principal: a estrutura metálica principal  componse de todos aqueles elementos que estabilizan e transfiren as cargas ós alicerces (que adoitan ser de formigón reforzado).     A estrutura metálica principal é a que asegura que  non envorque, que sexa resistente e que non se deforme.

Estrutura metálica secundaria: esta estrutura correspón fundamentalmente á fachada e á cuberta, o que chamamos tamén subestrutura e se coloca sobre a estrutura metálica principal, esta pode ser metálica ou de formigón. As forzas ou cargas que soportan vanse repartindo polos diferentes elementos da estrutura, pero as cargas sempre van  ir para o mesmo sitio, ós alicerces ou zapatas.

5.-Arquitectos españois famosos.
1.    Gaudí: foi un máximo representante do modernismo catalán. A súa obra más internacional é a “Sagrada Familia”, unha catedral de estilo neogótico.


2.    Joaquín Torres: nacido en  España, un dos seus proxectos é o edificio Universitario de Servicios de Investigación da Universidade de A Coruña.



3.    Carlo Arroyo Zapatero: é un arquitecto e urbanista que estudou en Madrid. Unha das súas obras máis representativas é a academia MDW, en Dilbeek, (Bélgica).



4.Carme Pinós: un dos seus proxectos actuais máis destacados é a torre “Cube”.




5.Susana Torre: naceu en 1944 na cidade de Puan, Arxentina. Foi directora do proxecto da exposición "Mujeres en la Arquitectura", inaugurada en 1977 no Museo de Brooklyn, e que máis tarde se estendeu a varias cidades de Estados Unidos. A través da súa práctica docente, a escritura e a arquitectura, traballou e traballa para mellorar a situación da muller na arquitectura.




6.-Estruturas importantes.

·     A torre Eiffel: é a estrutura máis alta de París e a máis representativa de Francia.

.

·     O Taj Mahal: é un conxunto de edificios situado en Nova Delhi, é unha estrutura masiva.


·     As pirámides de Giza: están en Exipto, feitas polos antigos exipcios; son estruturas masivas.



·     A ópera de Sidney: é unha estrutura bastante recente comparada coas anteriores,  poderíase dicir que é unha estrutura alintelada.



·       O coliseo: é un anfiteatro da época do Imperio Romano, construído no século I e situado no centro da cidade de Roma.



Elena Álvarez

Ningún comentario:

Publicar un comentario