texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

Mates para salvar ao medioambiente




As matemáticas teñen moito que dicir  no problema de degradación da natureza. En Gran Canaria e Cataluña utilízanse algoritmos para que, a partir de imaxes por satélite, perciban o estado do mar ou o desprazamento dunha mancha de petróleo.
As matemáticas utilízanse para coñecer os procesos medioambientais e intervir neles. Poden predicir, e en ocasións controlar, posibles cambios que se dan na natureza, como os terremotos. Serven para mellorar os sistemas de enerxía solar ou para loitar contra os incendios.

Ana Cibeira e María Vila. Foto: todasfrases.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario