texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

ENIGMA 6

Oiches falar da conservación da área?

É unha propiedade que afirma que movendo unha figura non pode cambiar a súa área, de modo que, podemos calcular áreas de figuras que resultan de facer algún movemento no plano. Por exemplo:

Pois ben, neste enigma tes que explicar como é posible a situación seguinte:

Semella que aqui falla o principio de conservación da área, mais non é así.

Cal é o truco?

Pista: Aqueles que recoñecen o seguinte símbolo como seu, terían unha boa ferramenta para descubrir o engano:


7 comentarios:

  1. Pitagoras ,ou tamén Tales, serían quen de argumentar cal é o truco...

    ResponderEliminar
  2. Ten en conta que o teu cerebro pode enganarte, imaxinando figuras que ao mellor non hai.

    ResponderEliminar
  3. A estrela son cinco cuadriláteros con forma de flecha

    /home/alumno/Descargas/1636.jpg

    Enrique Rabadán e Iván Lago 2ºA

    ResponderEliminar
  4. Mariana Rodriguez 2ºA
    El triangulo rojo y el verde no son semejantes y lo averigue con el teorema de Tales. La pendiente no es recta por eso no son semejantes.

    ResponderEliminar
  5. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  6. Parabens, podes pasar por secretaría para recoller o teu premio.

    ResponderEliminar
  7. Tes razón Mariana en que os triángulos non son semellantes (3/8 é distinto de 2/5) polo que cando se situan para formar a figura grande, obtemos un cuadrilátero e non un triángulo.
    A diferencia das pendentes é tan sutil que a nosa vista nos engana e pensamos que se trata de triángulos.

    ResponderEliminar