texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

ENIGMA 3

Ola: 
Chámome Sofia. Tiña moita ilusión por ir á ceremonia de entrega da medalla Fields á primerira muller matemática que a recibe, na historia da humanidade.
Asi que collín a miña máquina do tempo e viaxei ao pasado para asistir a esa ceremonia. Leveime un bo susto porque atopeime comigo mesma, e recordei que nese intre tiña, xustamente, a metade de idade que agora.
¿En qué ano nacín se actualmente vivo nun ano que é un número primo, e ademais a suma das suas cifras é 10?

6 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Sofía naceu no ano 1975, xa que a primeira medalla Fields gañada por unha muller, corresponde a o 2014.
    Despois, buscamos un número primo que as súas cifras sumen 10 (podería ser 2017, pero desta forma, só tería 6 anos) polo tanto, o seguinte sería 2053 (2+5+3=10). A continuación réstase 2053-2014=39. 39 é a metade de anos que ten Sofía na actualidade, só hai que multiplicar x2 para averiguar que Sofía, nese momento ten 78 anos.
    Por último, restamos 2053-78= 1975, ano no que nace a matemática.
    Claudia Álvarez Costas 2ºC

    ResponderEliminar