texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

ENIGMA 2

Adivina a idade de Diofanto ao morrer.
"¡Camiñante! Aquí xacen os restos de Diofanto. Os números poden mostrar, oh marabilla! a duración da súa vida, cuxa sexta  parte constituíu a súa tenra infancia. Despois, durante a doceava parte cubriéronse de lanuxe as súas meixelas. Pasou aínda unha séptima parte da súa vida antes de tomar esposa e cinco anos despois tivo un neno que, unha vez alcanzada a mitade da idade do seu pai pereceu dunha morte desgraciada. O seu pai tivo que sobrevivirlle durante catro anos.


Diofanto de Alexandría foi un matemático grego considerado o pai da álxebra.

6 comentarios: