texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

Proxecto interdisciplinar dos 1º da ESO

Proceso de elaboración do material para escenificar os contos elixidos e xustificación matemática do mesmo.
Adriana, Andrea C.,  Brais, Joel, Mon e Patricia de 1º da ESO B están facendo unha tarta de foam      (goma eva) para a súa representación do conto A casa da mosca chosca.
Para explicar ao alumnado de infantil dos nosos coles adscritos o concepto matemático que se traballa nel, a tarta irá cortada en porcións de tamaños proporcionais aos animais protagonistas do conto.
Velaquí o proceso:






Aarón N., Andrea Antón, Clara, e Nerea  fan con cartulina de diferentes tamaños os chibos do conto Chibos Chibóns. Para traballar o aumento de medida os chibos mediano e pequeno terán unhas lapelas que abriranse cando se fagan maiores.






Olaia, Pedro, Paula, María, Xosé e Nicolás van traballar as sombras chinesas e os ritmos musicais apoiándose no conto: Imos cazar un oso. Para iso elaboraron un teatriño de sombras e servíronse de instrumentos de percusión para marcar os ritmos musicais: triángulo, xilófono, maracas, didyeridú (ou pau de chuva) e claves. O tamaño tamén é importante neste conto e para iso os personaxes elaborados con cartón vanse achegando ou afastando.








Jennifer, Pablo, Aarón, Tamara e Uxía optaron por traballar as medidas e para iso elixiron o conto de Unha casa a medida. Realizaron un medidor xigante elaborado utilizando cartón para xustificar as diferenzas de tamaño entre unha xirafa e un crocodilo.
 






Helena, Laura, Nerea, Irene, Ángel e Lara servíronse dun crebacabezas realizado en poliespan para amosar aos pequenos as diferentes partes do Grúfalo e as diferenzas de tamaño entre os protagonistas: o grúfalo e o ratiño. A secuenciación tamén cobra importancia no conto: o rato vai atopándose co raposo, co moucho, coa serpe e finalmente co grúfalo.
 






Ana, Rosalía, Brais, Noa e Uxía quixeron destacar a importancia dos números (ordinais e cardinais), para iso elixiron o conto de O rabaño. Crearon as ovellas con cartón e algodón e fixéronas saltar por un aro-diadema que simboliza o pensamento de Miguel e o esforzo que realiza contando ovellas para poder durmir.










Antía, Aixa, Elda, Ana, Juan, Ángel, Claudia, Natalia, Noela e Samuel optaron polo conto titulado Tres osos para pór en valor a importancia dos tamaños. As cuncas, as cadeiras e as camas van acordes co tamaño dos seus donos, os tres osos. Construíron, utilizando cartón,  a casa dos tres osos, cos respectivos andares.











Elena, Nicolás, Adrián, Lydia, Antía, Aida e Édgar elaboraron un cubo xeométrico para achegar o conto de Elefante comellón aos máis cativos. Realizaron o cubo en feltro e en cada unha das seis caras representaron, tamén en feltro, cada un dos animais que participan no conto acompañados da súa froita preferida. O cubo vai virando a medida que os animais se van movendo pola selva.


E unha vez realizado o noso material ensaiamos.















Ningún comentario:

Publicar un comentario