texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

Samagostín

O día 30 de outubro celebramos o noso particular samaín e magosto, disfrutamos dunhas horas nas que nos facemos pasar por mortos, comemos doces elaborados con castañas e podemos gozar dalgunha peli de medo...

Pois ben, un grupo de expertos do King's College de Londres estudou o segredo para facer unha obra mestra do xénero de terror. O traballo baséase nunha fórmula matemática  que combina elementos importantes como son os sustos, as persecucións, a escuridade...

A fórmula sería: ( im+d+ep+sa)2+s+(fr+f)/2+(sp+eo+a)/n+sen x-e

im= intensidade musical
d= o descoñecido
ep= escenas de persecución
sa= sensación de ser atrapado
s= sobresaltos ou sustos
fr= fidelidade á realidade
f= fantasía.
sp= soidade dos personaxes
eo= escenas na escuridade
a= ambientación
n= número de personaxes
x= sangue e armas
e= estereotipos

Aplicando a fórmula a algunhas películas famosas deste xénero resulta que El resplandor (Stanley Kubrick) protagonizada por Jack Nicholson é o film de terror perfecto. 


Partindo destas premisas, fixemos unha enquisa a 1º da ESO para descubrir a mellor película de terror infantil da historia... pois ben, os resultados lévannos a Los mundos de Coraline. Este film está realizado en stop motion, dirixido por Henry Selick (Pesadilla antes de Navidad),e baseado na novela de Neil Gaiman Coraline (publicada en 2002). Gañou premios á mellor música, deseño de personaxes, deseño de produción e nominación ao Oscar á mellor película de animación.



Ningún comentario:

Publicar un comentario