texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

Cube ( Orixinal peli da maleta viaxeira)


Resumo: Seis persoas, descoñecidas entre si, espertan unha mañá nun espazo pechado en forma de cubo. Entre esas persoas están un escapista, un policía, unha persoa minusválida, unha médica, unha brillante estudante de matemáticas e unha persoa nihilista (persoa escéptica que non cre en nada, de grande importancia na trama).

O cubo está formado por compartimentos cúbicos que forman á súa vez un cubo nai de dimensións xigantescas. Estes habitáculos poden ser de dous tipos: libres ou con trampas, dependendo do numero de serie que posúa. Esas series de números teñen unha relación lóxica que tratan de resolver os ocupantes do cubo.

As matemáticas que aparecen na película son unhas matemáticas accesibles a calquera estudante de instituto,utilizando as permutacións, os números primos, a descomposición en factores e as coordenadas tridimensionais (X,Y,Z). Á súa vez e aínda que pareza gracioso, as mortes en Cube son moi científicas. Por poñer un exemplo: na película, cando un dos seus ocupantes é despezado non é tipo película de terror para adolescentes senón cunha xeometría perfecta de cubos, tamén acontece o mesmo cos ácidos corrosivos.

1 comentario:

  1. Uuuuh, Que buena pinta tiene esta película, me apetece mucho verla,a ver si nos la ponen en clase. Ojalá

    ResponderEliminar