texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

Caligrama






Esta fotografía móstranos uns caligramas dos números: 2, 3 e 4. Neles facemos una similitude dos números e cousas que sabemos ou vemos. O número dous aseméllase ao pescozo dun cisne que navega nun mar de números. O número tres aseméllase a unha nube que está partida á metade. O número catro non se asemella a nada, tan só se di se ten múltiplos ou divisores é se ten moitos ou pucos.

Ana C., María V. e Paula. 2ºA

Ningún comentario:

Publicar un comentario