texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

Matemáticas en Exipto


Os exipcios foron o pobo que aplicou as leis matemáticas ao mundo real, xa que as aproveitou para construir as pirámides.
Os arquitectos dos faraóns axudábanse das leis da proporción e cos seus coñecementos de xeometría puideron calcular as inclinacións das caras das piramides.


As pirámides de Giza
As dimensións.

A Gran Pirámide de Giza revela coñecementos matemáticos bastante avanzados para a 
súa época. De feito, sabemos agora que a Gran Pirámide resolve uns dos retos matemáticos máis difíciles, a cuadratura do círculo. Cando o radio dun círculo é igual á 
altura da pirámide, a circunferencia dese círculo é igual ao perímetro da base da pirámide. Certamente, o dobre da altura da Gran Pirámide, dividido entre a distancia ao redor da súa base, é igual a pi. casi perfecto. Só recentemente, a humanidade foi quen de calcular pi  neste nivel de exactitud matemática.

A lonxitude de cada lado da base da Gran Pirámide é 365,2422 codos reais exipcios ("codos de pirámide"). Sorprendentemente, o noso ano astronómico ten unha lonxitude media de 365,2422454 días solares. Tamén, o perímetro da base da Gran Pirámide é de 36524,22 "pulgadas de pirámide," a lonxitude de 100 anos expresada en días. Cálculos tan exactos non foron coñecidos na matemática ata o século XX. Moitos fenómenos proporcionais adicionais e misterios matemáticos relacionados coa Gran Pirámide foron identificados, propostos  e/o estudados. 

Andrea 2º A

1 comentario: