texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

Una mente maravillosa (Peli da maleta viaxeira)




Resumo: Unha mente marabillosa é un drama intensamente humano sobre un auténtico xenio, inspirado na vida do matemático John Forbes Nash Jr. O atractivo e altamente excéntrico Nash fixo un descubrimento asombroso ao comezo da súa carreira e fíxose famoso en todo o mundo. Pero o seu fulgurante ascenso á estratosfera intelectual sufriu un drástico cambio de curso cando a brillante mente de Nash se viu atacada pola esquizofrenia. Enfrontándose a un reto que tivese destruído calquera outro, Nash loitou por recuperarse coa axuda da súa devota esposa. Tras varias décadas de penalidades logrou superar a súa traxedia e recibiu o premio Nobel (de Economía, lembra que non existe o de Matemáticas) no ano 1994. Hoxe en día Nash é un lenda vivente que segue entregado ao seu traballo.

A teoría de xogos é unha área da matemática aplicada que utiliza modelos para estudar interaccións en estruturas similares ás que se producen no calquera xogo intelixente. Os seus investigadores estudan as estratexias óptimas (as que obteñen maior beneficio) así como o comportamento previsto e observado de individuos en xogos.

Desenvolvida nos seus comezos como unha ferramenta para entender o comportamento da economía, a teoría de xogos úsase actualmente en moitos campos, dende a bioloxía á filosofía. Experimentou un crecemento substancial e formalizouse por primeira vez a partir dos traballos de John von Neumann e Oskar Morgenstern, antes e durante a Guerra Fría, debido sobre todo á súa aplicación á estratexia militar. Dende os setenta, a teoría de xogos aplicouse á conduta animal, incluíndo o desenvolvemento das especies pola selección natural. A raíz de situacións formuladas como as do dilema do prisioneiro, nos que o egoísmo xeneralizado prexudica aos xogadores, a teoría de xogos usouse en ciencia política, ética e filosofía. Finalmente, atraeu tamén a atención dos investigadores en informática, usándose en intelixencia artificial e cibernética.

Ningún comentario:

Publicar un comentario