texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

Fútbol e números

Na Facultade de Economía de Valencia, Vicent Liern e os profesores Ramon SalaAurelio Martínez e José Emilio Boscá, elaboraron hai un par de anos unha metodoloxía para calcular a eficiencia futbolística. Trátase de operacións que, en condicións obxectivas e libres de intereses alleos ao terreo de xogo, poden mellorar a competitividade dos equipos. Predicir o resultado da Liga a través das tendencias expresadas nestes cálculos comportaría escasa marxe de erro. O problema é que a matemática aplicada non sempre se axusta ao mundo dos negocios e no fútbol de competición os cálculos que importan non sempre axústanse á eficiencia no céspede.


Ningún comentario:

Publicar un comentario