texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

ENIGMA 5








Viaxe espacial.

Marta mide 1,70 metros, está moi leda porque a NASA a elexiu para unha viaxe espacial interplanetaria.
Ten unha misión, percorrer a pé o ecuador dun raro asteroide perfectamente esférico, e recoller mostras do chan.
Cando remata a sua tarefa e pretende subir a nave, leva un bo susto cando un ser estraño se interpón no seu camiño, e lle pregunta:
“ Na tua misión, que distancia percorreu a tua cabeza máis ca os teus pes?, se me contestas correctamente contareiche o segredo do universo.

Qúe lle contestou Marta, se agora coñece ese segredo?

13 comentarios:

  1. Álvaro Estévez Pazos 3ºA:
    É a diferenza entre os pes e a cabez, ou sexa, 1,70m mais dende o centro da circunferencia. Síntoo se me expresei mal.

    ResponderEliminar
  2. Do centro da circunferencia,refirome o radio, enton, 3,4 no diametro

    ResponderEliminar
  3. Vas por bo camiño....pensao un pouco máis.

    ResponderEliminar
  4. Unha variante do mesmo problema é a seguinte:

    Imaxina que tes unha circunferencia do tamaño de unha laranxa, terá un certo radio r, imaxina agora que corto esa circunferencia, a estiro e engado un metro a súa lonxitude e formo despóis unha nova circunferencia con esa recta mais larga, que teria un radio R algo maior ca circunferencia orixinal. Teño pois dous radios r e R que son diferentes.
    Se facemos esto mesmo con unha circunferencia digamos do tamaño da lúa. ¿Pensas que a diferencia entre os dous radios será mais grande ou mais pequena que no caso da laranxa?

    O sorprendente é que e a mesma!

    ResponderEliminar
  5. A resolucion total é que sustiuindo na fórmula para calcular a circunferencia (2·π·r) te da 2·π·1,70 porque é o radio mínimo que temos e da 10.68m de diferencia.No caso de ter máis radio so habería que sumalo.

    Álvaro Estévez Pazos 3ºA

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Explicao mellor. Asi explicado non o entendo.

      Eliminar
  6. Mariana Rodríguez Iglesias 2ºA:
    A resposta do enigma é que os pés recorren o mesmo que a cabeza.

    ResponderEliminar
  7. A cabeza percorre máis distancia que os pes.

    ResponderEliminar
  8. asi é,a operación que hai que facer para resolver este enigma é esta:
    2 · pi · radio = 2 · 3,14 · 1,70 = 10.676 metros percorre mais a cabeza que os pés.

    lara pampillon ubeira (1ºA)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Incorrecto serían 10,676 metros e faltaría explicar por qué é así

      Eliminar
  9. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  10. Finiquitei, ai que sustituir na ecuación 2·π·(1,70+r) -2·π·r
    So é restar a circunferencia que recorre a cabeza coa que recoren os pes
    En todos os casos da 10´67m

    ResponderEliminar
  11. Perfecto Álvaro podes pasar a recoller o teu premio

    ResponderEliminar