texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

mércores, 11 de marzo de 2015

Contribuimos á gran esponxa Menger de Barrié

Rapazas e rapaces de 2º ESO A coordinados por Lino aportan dous cubos á esponxa de catro iteracións  que se está a construir na Fundación Barrié. Como xa temos experiencia e Xeometría fractal tras realizar o tetraedro de Sierpinski o pasado Nadal investigaremos na súa decoración, segundo as ríxidas normas do constructivismo de Mondrian.


O matemático Carl Menger e o pintor Piet Mondrian foron coetáneos. O noso alumnado inspírase na obra do segundo para realizar un retrato do primeiro.

Este artista costruíu o seu estilo partindo dunha profunda investigación. Citando o propio Mondrian:
"Tanto a ciencia coma a arte están a descubrir e revélannos o feito de que o tempo é un proceso de
intensificación, unha evolución dende o individual caro ao universal, do subxectivo ao obxectivo, cara á esencia das cousas e de nós mesmos".

Facendo o retrato do matemático Carl Menger, afastámonos das regras non figurativas, do seu propósito de non crear novas formas, para acercarnos ao simbolismo xeométrico.


O outro cubo incorpora unha variante máis do simbolismo xeométrico, o xogo Tetris.

Ruth Carrera Fernández



1 comentario:

  1. Paréceme un proxecto moi orixinal para aprender cos teus amigos dunha forma diferente e didáctica o uso das matemáticas pasando ben o rato e intentando mostralas para un público que o utilice esto na vida cotidiá cousa importante en sí. É moi interesante.
    María Alonso e Bruno Dacosta 2º A

    ResponderEliminar