Por fin chegou o día!
Tras realizar o atrezo con todo o noso agarimo e os concienciudos ensaios, presentámonos ante un público moi especial, nenas e nenos de tres a cinco anos dos nosos coles adscritos.
Velaquí as fotos das actuacións no CEIP Chans Bembrive.
E no CEIP Santa Mariña
Chivos chivóns
O Grúfalo
Tres osos
O rabaño
A casa da mosca chosca
A casa de mosca chosca
O rabaño
Tres osos
CEIP Igrexa-Candeán
Unha casa a medida
Elefante comellón
Imos cazar un oso
As profesoras implicadas no proxecto,Beatriz e máis eu, queremos salientar e agradecer a marabillosa acollida nos coles, en especial ao CEIP Carballal- Cabral e Igrexa Candeán por facer sentir ao noso (seu) alumnado grande polo seu esforzo, traballo e dedicación ao longo de dous trimestres.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarEsta experiencia foi moi divertida. Ao principio, ao meu grupo, costounos sacar a idea pero cando xa a tiñamos, todo foi mais rapido. O que mais gracioso me pareceu foi que cando tirabamos as ovellas Noa e mais eu, os nenos escachaban a rir.
ResponderEliminarUxia Fernandez 1ºC
Chámome Antía e a min gustoume moitísimo esta actividade. Eu participei no conto dos tres osos e o que máis me gustou foi cando entrabamos nas aulas coa casiña e todos os nenos gritaban: -Ala! Unha casa! Qué grande!- Foi xenial. Ademáis os colexios aos que fumos recibíronnos moi ben, e dous deles nos fixeron uns agasallos preciosos, e moi ricos! Foi unha experiencia espectacular.
ResponderEliminarEstou dacordo contigo Antía.
EliminarEsta actividade foi moi divertida.Paseino moi ben. O conto que máis
ResponderEliminarme gustou (aperte do meu) foi o elefante comellón. Gustaronme moito os coles.
Mariña Castelao 1ºC
Chámome Aixa (1ºC)
ResponderEliminarOs contos quedaron xenial. Traballamos moi duro, e creo que o resultado foi moi bo.
No momento de contar os contos, eu púxenme nerviosa, mais os nervios desapareceron rápidamente. Creo que o conto dos Tres osos quedou bastante ben ;-P . Foi moi divertido cando entrabamos nas aulas e os nenos dician:
-Ala!Menuda casa!
Agradezco os agasallos dos colexios,en parte porque tíñamos fame.
A experiencia foi moi divertida e eu polo menos paseino moi ben.
Espero que podamos repetir o contacontos.
Esta experiencia foi fantastica, divertinme moito ao facer o material. Cando fumos aos colexios o que mais me gustou foi cando vin os nenos con esa sonrisa de meixela a meixela na cara.
ResponderEliminarNOA GARCIA 1ºC (como non teño conta de google, o poño desde a de uxia)
Esta actividade foi moi divertida. Pasamolo xenial facendo o material e ensaiando o conto. Unha experiencia que non olvidaremos nunca.
ResponderEliminarAna López 1ºC
esta actividade pareceume moi divertida, sobretodo, gustoume moito a parte na que iamos de colexio en colexio visitandoos e observandoos por dentro e por fora
ResponderEliminar