texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

xoves, 23 de outubro de 2014

CONTAMATES

O venres 24 de outubro celébrase o día das Bibliotecas. Este ano co lema: Biblioteca escolar... matemático!!!. Nós, o profesorado titor de primeiro de ESO queremos darlle un enfoque diferente á lectura, neste caso entrando nela a través das matemáticas. Os números tamén axudan a mellorar a nosa comprensión lectora e as letras axudan a organizar o pensamento matemático. Unha das actividades que desenvolveremos neste proxecto “Contamates” é a de Contacontos. As rapazas e rapaces de 1º de ESO visitarán os centros escolares da contorna adscritos ao noso IES (Carballal-Cabral, Chans-Bembrive, Santa Mariña e Igrexa-Candeán) e contaranlles aos máis pequenos unha serie de contos onde os números e as letras van da man. Os contos elixidos para a ocasión son: "A casa da mosca chosca", "Chibos chibóns", "El rebaño", "Unha casa a medida", "Elefante comellón", "O grúfalo", "Imos cazar un oso" e "Os tres osiños". En todos estes contos as protagonistas serán as matemáticas e a lingua. Neles actuarán tamén os números ordinais e cardinais, os tamaños, as cantidades, as medidas, os tempos rítmicos e, por suposto, toda a alegría que pon o noso alumnado neste proxecto. O seu traballo será fundamental para que os máis pequenos gocen das matemáticas e dos mundos imaxinarios dos contos dun xeito diferente.










Ningún comentario:

Publicar un comentario