texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

martes, 4 de novembro de 2014

Epitafios matemáticos en Samagostín

Un ano máis no noso centro celebramos o particular Samaín e Magosto. Esta vez o escenario converteuse nun cemiterio cos seus cipreses, a ermida, tumbas e nichos... nos que non faltaban os epitafios. Pois ben, moitos científicos famosos quixeron pasar a mellor vida deixando patente a súa sabedoría ou ecuación matemática:
 Vexamos algúns exemplos:



A familia deste matemático colocou unha fórmula extraída da súa tese de doutoramento e un sudoku, dado o fanatismo que sentía por este xogo.



Ecuación de Schrödinger, pola que lle deron o Premio Nobel de Física en 1933.


Ecuación do último teorema de Fermat.




Epitafio de Bernouilli.
Como se pode apreciar abaixo aparece a espiral... de Arquímedes? É evidente que o escultor equivocouse, pois a espiral que el estudou foi a logarítmica.

Pois si... cousas da vida... e da morte. Eu quedo co epitafio de Groucho Marx, xa sabedes..." Perdoen que non me levante".

Ruth.

Ningún comentario:

Publicar un comentario