texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

venres, 14 de novembro de 2014

14 de novembro Día Mundial da Diabetes

O 2014 marca o primeiro de tres anos (2014-16) dunha campaña que se centrará nunha vida saudable e diabetes.
As últimas estimacións indican que máis de 382 millóns de persoas viven con diabetes no mundo. No ano 2035, 592 millóns de persoas ou unha de cada dez persoas terá diabetes. Outros 316 millóns de persoas na actualidade corren risco de desenvolver diabetes tipo 2 e espérase que esta cifra aumente ata 500 millóns dentro dunha xeración. O que fai que a pandemia sexa particularmente ameazante é que ata a metade das persoas con diabetes no mundo están sen diagnosticar.
A maioría dos casos de diabetes tipo 2 poden ser previdos e as complicacións serias asociadas coa diabetes pódense evitar con estilos de vida e ambientes saudables.
Máis información aquí.

Elena. 2ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario