texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

luns, 17 de novembro de 2014

A MODA E AS MATEMÁTICAS



As Matemáticas están en todos lados, no cine, na arquitectura, no deporte... e tamén na moda. Nunca pensaches en que as prendas e accesorios que usas a diario teñen un gran proceso detrás? Pois ese non consiste unicamente nun esbozo sinxelo, porque a fabricación e deseño de téxtiles, necesitan unha chea de números e contas ou de figuras xeométricas (cadrados, triángulos) que son esenciais.

Todo comeza realizando un esbozo, para crear despois un patrón, onde, con medidas moi exactas e distintas figuras xeométricas, imos indicar como vai ser o método de confección da prenda.
Ademais, os números son moi importantes para calcular custos, medidas e o prezo do produto, que van decidir o futuro da creación.




Outras veces, non temos que pensar no patrón para atoparnos cunha chea de Matemáticas nos téxtiles. Bo exemplo é a colección de Agatha Ruiz de la Prada, onde as figuras xeométricas están en todas partes: circunferencias, triángulos e rectángulos... Todo vale na moda!




Pero tamén podemos atoparnos con verdadeiras matemáticas nada menos que nos estampados dun bolso, vestido, zapatos...



Así que, xa sabedes, abride ben os ollos e atoparédesvos coas Matemáticas en todas partes!

Claudia. 2ºC

Ningún comentario:

Publicar un comentario