texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

martes, 24 de febreiro de 2015

LINGUA MATERNA

Este sábado 21 de febreiro, a UNESCO celebrou o día da FALA NAI.


 O GALEGO, unha lingua "pequena", "minorizada", que vive cada día unha loita constante por a súa supervivencia... pero, se vos falamos de cifras, non andamos nada mal, xa que o galego ocupa o posto 160 no mundo...situación bastante desfavorable se a comparamos coa do catalán (nº 88).

Aínda así, os números sorpréndenos especialmente en Internet, porque é o 30 dos idiomas máis empregados na web.


Por iso, pedímosvos que reflexionedes, faledes e respectedes esta lingua nosa, porque a súa existencia é parte da nosa identidade como galegos, como persoas e cidadáns.
Por riba de todo, o galego é CULTURA.
E vós, en que lingua soñades? Cal é a vosa fala nai?

Enlace de interese

Claudia Álvarez Costas

Ningún comentario:

Publicar un comentario