O
Día da Felicidade celébrase este venres, 20 de marzo, en todo o
mundo como “meta fundamental” para que se recoñeza “a paridade
dos tres piares" do desenvolvemento sostible –o social, o
económico e o medioambiental–, factores que definen “a
felicidade global” segundo o secretario xeral das Nacións Unidas,
Ban Ki-moon.
Para
a felicidade temos definición e, como non, fórmula. Esta ecuación
baséase nas recompensas e previsións que se fan con antelación e
apunta que as propias expectativas infúen na felicidade, que é
maior cando os resultados son mellores do esperado.
Ruth Carrera Fernández
Ningún comentario:
Publicar un comentario