texto

Este é o proxecto de Claudia, Elena e Ruth, rapazas de 2º da ESO que, apoiadas polos seus compañeir@s e dirixidas por Almudena queren demostrar que as matemáticas están presentes en cada momento das súas vidas.

Amosando publicacións coa etiqueta ies carlos casares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ies carlos casares. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de marzo de 2015

A fórmula da felicidade

O Día da Felicidade celébrase este venres, 20 de marzo, en todo o mundo como “meta fundamental” para que se recoñeza “a paridade dos tres piares" do desenvolvemento sostible –o social, o económico e o medioambiental–, factores que definen “a felicidade global” segundo o secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon.



Para a felicidade temos definición e, como non, fórmula. Esta ecuación baséase nas recompensas e previsións que se fan con antelación e apunta que as propias expectativas infúen na felicidade, que é maior cando os resultados son mellores do esperado.




Ruth Carrera Fernández




sábado, 14 de marzo de 2015

Xeometría con pompas de xabón

Na xornada de clausura da XI IMATXINA gozamos dunha fantástica experiencia, galardonada co premio europeo na convención Science on Stage no ano 2002, levada a cabo polo profesor Antón Aubanel.



Parece incrible que facer pompas de xabón poida resolver problemas de Física que levou tanto tempo dar resposta ás Matemáticas e que aínda hoxe en día non son definitivas.
As pompas falan de tensión superficial, de superficies mínimas e de minimizar percorridos.


Claudia Álvarez Costas

domingo, 19 de outubro de 2014

Hoxe Día Mundial Contra o Cancro de Mama...

CINCO DATOS PARA O OPTIMISMO !!!

  1.  Actualmente a supervivencia por este tumor incrementa nun 1,4%. 
  2.  A supervivencia global aos cinco anos de diagnóstico é do 82,8%.
  3. Os índices de curación se o tumor é detectado en fase precoz superan o 90%.
  4. Nos últimos dez anos, a porcentaxe de mulleres con cancro de mama avanzado descendeu un 3%, ao mesmo tempo aumentou case un 15% o número de tumores máis pequenos.
  5. A finais de setembro coñecimos un novo tratamento que aumentará nun 40% a supervivencia do cancro de mama HER2 positivo con metástase.

Claudia.